Empate sen goles do Racing de Ferrol en Villaviciosa
A ocasión máis clara dun partido de 0-0 chegou nunha cesión a favor dos de Parralo
Combate nulo entre o Dux e máis o Racing. Nun partido de momentos, nos que os departamentais dominaron pero en ocasións tamén se viron sometidos. Na primeira parte as princiàis chegadas foron galegas. Na segunda, o Dux asustou. Tivo o gol nunha acción de Montoro, que non é capaz de rematar ben cando xa superara a Gazzaniga.
A conexión entre Heber e Nathan foi a que máis dano lle fixo ao equipo madrileño. Ata tres oportunidades tivo Nathan para modificar unha igualada que resultopu inamovible. Incluso, contra o final, o Racing tivo unha opción clara cun libre indirecto. As súas tentativas golpearon unha e outra vez contra a barreira. Ao final, cuarto partido seguiudo sen perder para o Rácing. Un punto para valorar.