Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empate no Espiñedo entre o Arenteiro e a Real Sociedade B

Empate no Espiñedo entre o Arenteiro e a Real Sociedade B

Partido con moitas ocasións que ambos puideron gañar

Golazo de Iván Ramos para os galegos

G24.gal 31/03/2024 20:58

O Arenteiro segue sumando puntos no que está sendo unha gran temporada na 1.ª RFEF. Esta vez sumou un punto fronte áReal Sociedade B, un equipo que chegou a liderar a clasificación pero que está caendo co paso das xornadas.

O partido arrancou con moito ritmo e chegadas por parte de ambos os equipos. No minuto 38, unha boa transición dos vascos finalizada con acerto por parte de Pablo Marín deixaba o filial donostiarra en vantaxe antes de ir aos vestiarios. Os de Javi Rey responderían nada máis saír dos vestiarios cun golazo de Ivan Ramos tras unha grande acción persoal. 

Tras o empate, ambos tiveron chegadas, pero ningún rematou con acerto e quedou o marcador nese empate 1-1. O Arenteiro queda sétimo, con 44 puntos, a seis dos postos de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar