Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate entre o Sevilla e o Barcelona (1-1), que beneficia o Real Madrid

Empate entre o Sevilla e o Barcelona (1-1), que beneficia o Real Madrid

O Real Madrid ampliará a vantaxe se gaña en Bilbao

Foto EFE
G24.gal 22/12/2021 11:54

Os uns polos outros e a casa sen varrer. Empate e beneficio antes de impostos para o Real Madrid con cinco puntos de marxe sobre os de Lopetegui.

Do Barça nin boas nin malas noticias, noticias daquela maneira que lle fan pechar o ano fóra de postos europeos. Os de Xavi encaixaron primeiro nun partido cheo de medos e de precaucións no que acabou decidindo o balón quieto. Unha mostra: córner rasado por Rakitic e Papu Gómez, máis habelencioso ca ninguén, aparece e cruza o coiro por entre un mar de pernas para bater a Ter Stegen.

O partido ía na media hora do primeiro tempo e o Barcelona non tiña pinta de igualar cunha insistencia case hipnótica polos balóns altos para unha defensa poderosa do Sevilla que apartaba sen riscos.

A bóla máxica, en troques, acabou chegando para os culés. No minuto corenta e cinco ao abeiro do descanso e con balón de Dembelé levantado ao primeiro pau por onde Araújo penetra coma un trebón para peitear o coiro e cruzar a traxectoria ao segundo pau fóra do alcance de Bono.

Non subiron máis goles ao marcador do Pizjuán e o Barcelona estragou un regalo coa expulsión de Koundé que deixaba aos sevillistas en inferioridade durante media hora. Repartimento de puntos de dous equipos que tiveron máis medo a errar que ganas de atinar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar