Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elon Musk é o home máis rico do mundo e Amancio Ortega, o que ten a maior fortuna de España

Elon Musk é o home máis rico do mundo e Amancio Ortega, o que ten a maior fortuna de España

Musk encabeza por primeira vez a lista da revista Forbes

Amancio Ortega baixa postos por segundo ano consecutivo

Elon Musk na presentación dun dos seus modelos de Tesla
G24.gal 05/04/2022 20:26

Elon Musk é oficialmente o home máis rico do planeta. Creador do vehículo eléctrico Tesla, encabeza por primeira vez a Lista Forbes cunha fortuna estimada de 219.000 millóns de dólares. Forbes preséntao como o home que revolucionou o transporte, tanto na terra con Tesla, coma no espazo co fabricante de naves SpaceX. E este martes volveu ser noticia ao anunciarse a súa entrada na xunta directiva de Twitter despois de mercar máis do 9 % da compañía.

O segundo home máis rico é outro estadounidense, Jeff Bezos, fundador de Amazon e cun capital estimado de 171.000 millóns de dólares. O francés Bernard Arnault, propietario de Louis Vuitton, séguelle con 151.000 millóns de dólares.

E no cuarto posto dos máis ricos, outro clásico: Bill Gates, fundador de Microsoft. Segundo Forbes ten unha fortuna de 129.000 millóns de dólares.

Hai que baixar ata o posto número 13 da lista para atopar o latinoamericano máis rico do mundo. É Carlos Slim, con 81.200 millóns de dólares.

O español máis rico é Amancio Ortega, fundador de Inditex, cun patrimonio de 59.600 millóns de dólares. Baixa por segundo ano consecutivo na lista Forbes e pasa do posto 11 ao número 23 a nivel mundial. Entre as persoas máis ricas de España está tamén a súa filla, Sandra Ortega e o presidente de Mercadona, Juan Roig, cun patrimonio de 4.000 millóns de dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos