Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elevada demanda dos tests de saliva pola incidencia da covid entre os cativos

Elevada demanda dos tests de saliva pola incidencia da covid entre os cativos

Os colexios están repoñendo os tests subministrados pola Consellería

Escasean os test gratuítos nas farmacias

Estudantes entrando ao colexio Mestre Vide de Ourense
G24.gal 03/02/2022 11:44

Nas farmacias continúa habendo unha elevada demanda de tests de antíxenos, especialmente para os menores de 12 anos, entre os que a incidencia da covid segue en aumento malia o descenso no resto dos grupos etarios.

En quince días, a incidencia da covid entre os menores de 12 anos aumentou un 25 % en Galicia, segundo os datos do Ministerio de Sanidade: de 5.000 a 7.000 casos activos por cada cen mil habitantes, contra a tendencia descendente noutros grupos etarios. Os colexios xa están repoñendo test distribuídos pola consellería.

"Esgotamos a primeira remesa e a segunda enviárona sen problema ningún. 75 na primeira e agora 62", confirma Juan Manuel Regal, director do CEIP Mestre Vide de Ourense .

Repártense seguindo un protocolo, en base aos casos que se detectan nas aulas, pero son moitos os pais que os realizan tamén pola súa conta. "Facemos antíxenos cada semana. Levo 10 ou así", asegura unha nai ás portas do colexio. 

Farmacias

Os de saliva son os máis buscados para os nenos.

"Os pais recorren á compra dos tests de saliva porque para os nenos pequenos é máis cómodo que meter o pau polo nariz", explica a farmacéutica Laura García, de Ourense.

Nas tres últimas semanas leva descendido o número de casos activos nos colexios. A día de hoxe hai, en toda Galicia, 126 aulas pechadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade