Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elcano chega a Baiona despois de recibir ata 15.000 visitantes na Coruña

Elcano chega a Baiona despois de recibir ata 15.000 visitantes na Coruña

O mércores recala en Marín, onde se poderá visitar o interior do buque escola

G24.gal 11/07/2022 16:36

O buque escola Juan Sebastián de Elcano segue a súa travesía pola costa galega. Despois de recibir a visita de 15.000 persoas na Coruña, este luns está fondeado na baía de Baiona.

Esta mañá nos mastros do Elcano os mariñeiros facían traballos de limpeza igual que na cuberta e noutras zonas do barco. Hai que mantelo impecable para as visitas e porque é unha rutina que non se pode pasar por alto nun buque escola onde a tradición pesa.

Hoxe fondeado fronte á baía de Baiona o buque non se pode visitar, haberá que esperar ao mércores e o xoves cando permanecerá aberto ao público no porto de Marín. Esta fin de semana na Coruña rexistraban récords de visitas, máis de 15 mil persoas. 

Despois de varios actos de homenaxe á Armada Española o Elcano ás seis desta tarde partirá de Baiona. Espérase que sexan moitas as embarcacións que acompañen o buque na súa saída, pero dende o Concello advirten da necesidade de gardar a distancia de seguridade na navegación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar