Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elaboran en Monforte queixo macerado en viño da Ribeira Sacra

Elaboran en Monforte queixo macerado en viño da Ribeira Sacra

Utilizan caldos da caste mencía de adegas da zona

É iniciativa dunha familia de gandeiros

G24.gal 27/12/2022 20:27 Última actualización 27/12/2022 20:56

Recoñecida como destino turístico vencellado aos viñedos, poucos visitantes saben que a Ribeira Sacra conta con centos de explotacións leiteiras das máis punteiras do país. Para dar visibilidade a ese sector, para valorizar o leite mediante produtos elaborados e para conciliar os dous grandes polos económicos da zona naceu este queixo. A súa elaboración é un segredo familiar, pero sábese que o máis importante é a maceración en viño.

Para producir este particular queixo, utilízase viño elaborado con uvas da caste mencía de diferentes adegas da zona. Polo de agora dedican só unha parte da produción de leite das súas vacas para facer o queixo pero confían en que a porcentaxe vaia medrando a medida que abran novos mercados. Tamén pensan experimentar con viños brancos. A cuestión e que o leite e o viño vaian da man e así se promovan os dous.

Curiosamente, a pandemia beneficiou este produto, xa que a parada da actividade axudounos a perfeccionar a fórmula para encaixar os sabores do queixo e do viño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade