Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elaboran cosméticos con residuos forestais en Cea

Elaboran cosméticos con residuos forestais en Cea

Un químico e unha física fusionan os seus coñecementos para emprender no rural

Elaboran xampús, bálsamos, xabóns... e marmeladas de quilómetro cero

Laboratorio químico onde elaboran cosméticos rurais
G24.gal 07/12/2021 20:21

Cosmética rural sustentable. É a proposta que nos fai unha parella de emprendedores desde o concello ourensán de San Cristovo de Cea. Elaboran desde xampús a bálsamos labiais, con produtos recollidos na zona como loureiro, romeu ou eucalipto, destilados nun alambique redeseñado por eles mesmos.

"Neste caso é rama de eucalipto. Outras veces recollemos piñeiro, loureiro... e o que facemos é trituralo e metelo nun alambique de 500 litros", di Xosé Manuel Paz, co-artífice do proxecto, xunto a súa parella Silvia Garriga.

O proceso continúa no laboratorio de química, unha especie de cociña onde os fogóns conviven con probetas e tubos de ensaio.

"Fabricamos champús sólidos, xabóns de mans, da cara, corporais... bálsamos... A nosa cosmética non leva auga, porque non usamos conservantes", explica Xosé Manuel.

Tamén fan marmeladas

Fieis á súa filosofía da reciclaxe e o aproveitamento, instalaron un autoclave para esterilizar marmeladas, para sacarlle rendemento ao vapor xerado na caldeira de biomasa.

"Estabamos estudando a normativa para as instalacións e démonos conta de que a normativa alimentaria e a farmacéutica son semellantes", aclara Silvia.

Para as marmeladas empregan tamén produtos de proximidade dos que sae un amplo abano de combinacións e sabores.

"Neste caso é berenxena e xenxibre, pero facemos tamén fresa, mora e chocolate branco, peras ao viño tinto, kiwi e cenoria...", describe Silvia.

Comezaron en 2016 e xa teñen puntos de venda nas catro provincias e comezan a expandirse fóra de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade