Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eduardo Iglesias volve a Galicia logo de abandonar o Dakar

Eduardo Iglesias volve a Galicia logo de abandonar o Dakar

O monfortino caeu na primeira especial e tivo que abandonar coas dúas clavículas rotas

Viaxou acompañado dun médico da organización

G24.gal 01/01/2023 10:14

O 31 de decembro era unha data marcada en vermello no mundo do motor porque comezou o Dakar en Arabia Saudita. O prólogo de 13 quilómetros non deixou grandes diferenzas entre os pilotos, pero si unha moi mala noticia en clave galega. Eduardo Iglesias sufriu unha caída e, tal e como se ve nas imaxes que acompañan esta información, captadas por unha televisión local, non puido continuar.

Os servizos médicos atendérono axiña e evacuárono a un hospital, onde se confirmou que rompeu as dúas clavículas. Hoxe está prevista a súa volta a Galicia acompañado por un médico da organización. Mala sorte para o monfortino, que aspiraba a rematar o cuarto Dakar consecutivo e tivo que abandonar a proba ao pouco de comezar.

O propio piloto contaba o acontecido desde o aeroporto, indicando que "a caída foi moi forte e case non lembro nada. Mesmo perdín o coñecemento. Teño as dúas clavículas fracturadas e, polo tanto, é imposible seguir na carreira. Estou moi desgustado porque non o esperaba, pero o mundo das carreiras é así. Agardo poder subir axiña á moto, e agradezo as mensaxes de ánimo recibidas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos