Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ebro e a chinesa Chery recuperan a actividade na antiga fábrica de Nissan en Barcelona

Ebro e a chinesa Chery recuperan a actividade na antiga fábrica de Nissan en Barcelona

A finais de ano chegarán ao mercado os vehículos que fabricarán nesas instalacións e nas que agardan que cheguen a traballar 1.250 persoas

Pedro Sánchez destaca o compromiso do Goberno con Cataluña durante a sinatura do acordo entre as dúas empresas

G24.gal 19/04/2024 13:58

A fábrica que Nissan tiña na Zona Franca de Barcelona recupera actividade tres anos despois do peche. A empresa española de vehículos Ebro acaba de asinar un acordo coa chinesa Chery para comezar a fabricar uns automóbiles que lanzarán xa a finais de ano.

Comezarán con 150 traballadores e agardan chegar nos próximos anos aos 1.250 postos de traballo e a producir 50.000 vehículos ao ano. O presidente do Goberno destacou na sinatura a importancia da cooperación entre institucións e o compromiso do Goberno con Cataluña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade