Publicador de contidos

Publicador de contidos

Durante o verán é cando máis atropelos mortais se producen

Durante o verán é cando máis atropelos mortais se producen

Galicia é a comunidade autónoma en que falecen máis peóns

Polo de agora hai menos mortalidade que outros anos

Un axente da Garda Civil entrégalle un chaleco reflectante a un peón en Ordes Un axente da Garda Civil entrégalle un chaleco reflectante a un peón en Ordes
Alberto Mancebo 06/07/2022 13:34

A Garda Civil de tráfico comeza unha campaña de concienciación para que os peóns sexan máis responsables nas estradas. No que vai de ano houbo seis accidentes mortais e no verán adoitan ir a máis.

O axente Héctor Teixeira cóntanos que o feito de que en Galicia haxa tantas vivendas a carón da estrada aumenta o fluxo de peóns. No verán os paseos dos veciños entre casas e vilas tamén sobe,n e con eles increméntanse os sinistros.

Precisamente hai uns días faleceu un home de Rus, en Carballo, despois de que un coche o levara por diante xusto na estrada de máis atropelos mortais en Galicia, a secundaria que vai de Santiago a Carballo.

"Na grandísima maioría de sinistros a culpa é do peón", di o axente Teixeira.

Para evitar estes accidentes é fundamental usar o sentido común e os consellos que nos achega a Garda Civil, como levar chaleco reflectante e prestar atención a ambos os lados da estrada.

Quitando os anos de pandemia, este 2022 está sendo polo de agora un dos de menos atropelos que se recordan, esperemos que se manteña así co esforzo de todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade