Cargando resultados...
Dúas zonas da ría de Pontevedra están pechadas pola toxina PSP
Case setecentos mariscadores, sen poder traballar nunha época de altos prezos
G24.gal
28/04/2023 13:59
A xefa de oceanografía do INTECMAR tomaba esta mañá mostras para confirmar a presenza de toxina PSP nas augas de Campelo, en Poio. A PSP non é a que lles dá a cor a estas augas, pero si a máis perigosa.
Desde o pasado martes, dúas zonas da ría de Pontevedra están pechadas ao marisqueo. Case 700 mariscadores non poden traballar nunha época en que os moluscos estaban a acadar bos prezos.
Non saben canto vai durar o episodio desta toxina tamén denominada Alexandrium minutum, que é unha vella coñecida das nosas augas, pero que este ano chegou moi cedo, se cadra pola temperatura do aire e tamén da auga.