Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pai e unha meniña reciben asistencia en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Un pai e unha meniña reciben asistencia en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Un home e a súa filla menor de idade foron atendidos no lugar dos feitos polo 061, pero non foi preciso o seu traslado a un centro sanitario

Os Bombeiros de Vigo rescatáronos a través da fiestra cunha escaleira

G24.gal 28/03/2024 11:08 Última actualización 28/03/2024 13:38

Dúas persoas recibiron asistencia tras producirse un incendio na súa vivenda na  parroquia viguesa de Lavadores, segundo informa Emerxencias. 

As dúas persoas, un pai e a súa filla menor de idade, duns catro anos, foron atendidas no mesmo lugar dos feitos polos profesionais do 061, sen ser preciso o seu traslado a un centro sanitario.

Ao fío da unha desta pasada madrugada varios particulares contactaban co 112 Galicia para indicar que ardía a casa do veciño, na rúa de Ignacio Grobas.

Os Bombeiros de Vigo rescatáronos a través da fiestra cunha escaleira

O lume iniciouse no cuarto da pequena e deixounos sen outra saída que a fiestra, onde, finalmente, os rescataron os Bombeiros de Vigo cunha escaleira pola que accederon ata eles, no primeiro andar do edificio.

Os danos materiais na vivenda son considerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade