Extinguido o incendio na nave industrial no Rosal
Debido á emisión do gas cloro, entre as dúas e as cinco da tarde, decretaron o confinamento dos veciños
Segundo o 112, as chamas non se estenderon máis aló do edificio industrial
Un incendio nunha nave industrial no Rosal obrigou a confinar por prevención, durante unhas horas, as vivendas próximas. Agora xa está extinguido e estanse investigando as causas.
Pasaban das dúas da tarde cando un veciño do propio lugar de Baladas, no Rosal, chamou ao 112 ao ver as lapas saír polas fiestras da nave Vemar, especializada en sistemas de regadío residencial e industrial, unha nave que ata hai uns sete anos estaba ocupada pola cooperativa agrícola do Pilar.
Debido á emisión do gas cloro, entre as dúas e as cinco da tarde, decretaron o confinamento dos veciños de catorce vivendas cercanas á nave.