Dúas películas galegas, a de Ángel Santos e a de Anxos Fazáns, premiadas no Festival Internacional e Xixón
Dúas películas galegas, a de Ángel Santos e a de Anxos Fazáns, premiadas no Festival Internacional e Xixón
Así chegou a noite, de Ángel Santos , premio á Mellor Película, foi producida coa participación de Televisión de Galicia
Anxos Fazáns e Ian de la Rosa levaron o premio Dama ao mellor guión por As liñas descontinuas.
O cineasta galego Ángel Santos no Festival Internacional de Xixón. Foto: EFE/Juan González
O Festival Internacional de Xixón acaba de premiar dous filmes galegos: Así chegou a noite, de Ángel Santos, e As liñas descontinuas de Anxos Fazáns.
Ángel Santos gañou o premio á Mellor Dirección da Sección Internacional Albar do Festival de Xixón pola súa última película, Así chegou a noite, e Anxos Fazáns e Ian de la Rosa levaron o premio Dama ao mellor guión por As liñas descontinuas.
O xurado internacional, conformado por Alexis Juncosa, Eva Llorach, Scott Macaulay, Carlos Marques-Marcet e Sophy Romvary, premiou a Ángel Santos por unha obra que tivo a súa estrea en Xixón e que este domingo vai clausurar Cineuropa, en Santiago, na súa estrea galega.
Santos explicaba estes días que volvía dirixir tras unha década sen facelo, a súa última película foi As altas presións (2014).
"É certo que esta industria é bastante entre esixente e cruel. E se non estás, bótate", relataba.
Así chegou a noite é un drama intimista rodado en varios puntos da provincia de Pontevedra. Un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega e irá illándose ata a chegada dunha antiga amante. Para a nova película estivo acompañado no proceso por Analía G. Alonso como produtora executiva. O proxecto camiñou primeiro da man da produtora Andrea Vázquez en Miramemira e agora con Maruxiña Film Co, produtora do cineasta Alfonso Zarauza. Tamén conta con produción do propio Ángel Santos, a través de Amateurfilms, e de Daniel Froiz, de Matriuska Producións. A cinta conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta, da Deputación de Pontevedra e da Televisión de Galicia.,
As liñas descontinuas, rodada integramente en galego en diferentes localizacións de Marín e Vigo, é unha coprodución encabezada pola compañía galega Sétima, tivo hai uns días a súa estrea mundial na 29ª edición do Tallinn Black Nights Festival, tamén en competición oficial.
Esta de Anxos Fazáns tamén inaugurará en decembro o Novos Cinemas de Pontevedra, festival que clausurará Así chegou a noite.
A protagonista de Fazáns é uhnha muller de 50 anos que está nun proceso de separación e debe abandonar o fogar familiar. O seu encontro fortuíto cun universitario de 28, é utilizado pola directora para falar de precariedade laboral, de falta de oportunidades, de transexualidade e de novos camiños.
A cineasta galega Anxos Zafáns no Festival de Xixóns co equipo da película "Liñas discontínuas"