Dúas pelexas na Coruña rematan sen feridos graves e sen detencións
Ningún dos involucrados quixo denunciar os feitos
A última pelexa rexistrada na cidade herculina aconteceu na rúa Fernández Latorre, a carón da fonte de Catro Camiños.
"Xa viñan berrando desde a outra rúa...".
Faltaban poucos minutos para as oito da mañá e algúns traballadores da zona presenciaron a violenta escena.
"Empezaron a golpes...".
"Chamamos a policía e chegou en dous minutos".
Nese breve espazo de tempo, os implicados na lea fuxiron, malia que non chegaron moi lonxe. Os axentes xa foron á súa procura.
"A policía falou con eles... que ata os chamou polo nome....". "Son da zona".
Non quedou ninguén ferido grave nin houbo detencións.
Tampouco noutra lea, rexistrada contra as once e media da noite deste xoves, na rúa Fernando Macías, próxima á praza de Pontevedra, na que se viron involucradas dúas persoas.
Ao lugar desprazáronse varias patrullas da policía e persoal sanitario para atender un dos homes das súas feridas leves. Tras falar cos axentes, non quixo ningún denunciar o acontecido.