Cargando resultados...
Os nove empresarios españois atrapados en Libia atópanse sans e salvos en Roma
O grupo chegou este luns ao país africano con fins comerciais cunha comitiva liderada pola Cambra de Tarragona

G24.gal
16/05/2025 09:57
Os nove empresarios, catro deles cataláns, da misión comercial da Cambra de Tarragona que quedaron retidos nun hotel de Trípoli (Libia) este mércores xa se atopan en Roma (Italia).
Segundo informou a Cambra de Tarragona nun comunicado este venres, todos están sans e salvos na capital italiana, a onde chegaron sobre a 01:00 da madrugada deste venres.
O grupo chegou este luns ao país africano con fins comerciais cunha comitiva liderada pola Cambra de Tarragona e 21 membros, dos cales nove quedaron atrapados na capital libanesa debido aos enfrontamentos entre milicias do país.