Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas empresas están interesadas na compra de Alu Ibérica na Coruña

Dúas empresas están interesadas na compra de Alu Ibérica na Coruña

Teñen de prazo ata o 10 de maio para negociar a compra antes de liquidar a planta

G24.gal 19/01/2022 10:59

O Ministerio de Industria xa mantivo contacto coas dúas empresas interesadas na compra de Alu Ibérica, segundo confirmaron o Ministerio e o Comité de Empresa tras a xuntanza celebrada onte con presenza de representantes estatais e autonómicos a e tamén do administrador concursal.

Nun comunicado, o Goberno reitera o seu "compromiso" na procura de solucións para manter a planta e confirma que se produciron contactos con dúas empresas que mostraron interese pola planta.

O Ministerio de Industria tamén explica que solicitou ao administrador concursal "primar as ofertas que maximicen a salvagarda dos postos de traballo". Industria engade que buscará unha empresa de recolocación para os traballadores que se poidan quedar fóra dos posibles contratos que faga o futuro investidor.  Amais, o Ministerio reitera a súa disposición a "colaborar e apoiar cos elementos financeiros dispoñibles os investimentos produtivos para o mantemento das capacidades industriais e o emprego".

O Goberno Central pide a "colaboración" da Xunta para que o proceso de mantemento das capacidades produtivas da planta da Coruña "chegue a bo fin".

Prazo ata o 10 de maio antes de liquidar a planta

O  presidente do Comité de Empresa, Juan Carlos López Corbacho, explicou que o administrador concursal lles trasladou a súa vontade de manter a planta "o tempo que puidese", pero que se non había unha solución tería que "liquidar" a planta, fixando como prazo máximo o 10 de maio.

A representación sindical reclama ao Ministerio solucións para activar a planta "canto antes". Tamén pediron que se avale calquera saída "onde se manteña o maior cadro de persoal posible". "O Ministerio ten que apoiar proxectos de futuro, achegando investimento", dixeron os representantes dos traballadores. Logo fixéronlle a mesma reclamación á Xunta para que estas negociacións cheguen a bo termo. Os contactos entre administracións, administrador concursal e sindicatos proseguirán a próxima semana, segundo informou o Comité de Empresa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade