Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas borrascas deixarán chuvia toda a semana en Galicia

Dúas borrascas deixarán chuvia toda a semana en Galicia

Hai aviso amarelo por precipitacións e vento no oeste da provincia da Coruña, no sur de Ourense e en Pontevedra

G24.gal 09/11/2026 14:13

A aproximación da borrasca Bruna deixará varias frontes sucesivas de chuvia e vento esta semana en Galicia. Esta tarde choverá de xeito xeneralizado, de forma menos intensa na Mariña de Lugo.

"Temos aviso amarelo por precipitacións no oeste e suroeste da provincia da Coruña, practicamente en toda a provincia de Pontevedra e no sur de Ourense, con refachos fortes nas zonas do litoral e en zonas elevadas do interior", di Carlos Otero de MeteoGalicia.

Agárdanse refachos que superarán os 80 quilómetros por hora no litoral e en zonas do interior. As acumulacións de auga poderían aliviar algo a situación crítica dos encoros.

"Esperamos que si, porque non é un episodio puntual. Imos ter unha semana completa de precipitacións, ademais os modelos de medio prazo apuntan a chegada de máis frontes a próxima semana, explica Carlos Otero.

Semella que temos por diante xornadas de control de calidade dos paraugas.

"Vou ter que comprar outro".

"É a primeira vez que o saco, aguanto", din dúas persoas.

E máis inestabilidade a partir do mércores, coa chegada da borrasca Charles, que interactuará cos restos da Bruna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade