Cargando resultados...
Deseñando escenarios no West End londiniense
Unha escenógrafa galega, Ana Inés Jabares-Pita, ábrese oco na competitiva escea británica
Jabares-Pita, deseñou a escena e o vestiario de varias óperas estreadas en Gran Bretaña con grande éxito
O deseño de vestiario é a escenografía da obra 'Pride and Prejudice' en Londres é o último traballo de Ana Inés Jabares-Pita
G24.gal
20/06/2022 11:13
A escenografía e o vestiario son grandes piares do teatro e da ópera. E a eles se dedica Ana Inés Jabares-Pita unha coruñesa que logrou facerse cun oco neste ámbito na competitiva escena británica. Gañar o Linbury Prize, o galardón máis prestixioso no eido da escenografía no Reino Unido abriulle moitas portas Estes días estivo por Galicia e contounos os seus últimos proxectos.