Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dragan Apic, reforzo do Breogán para o posto de pívot

Dragan Apic, reforzo do Breogán para o posto de pívot

O xogador que procede do Le Mans é serbio, ten 28 anos e mide 2,08

G24.gal 10/06/2024 18:41

Logo da saída de Juan Fernández o Breogán deu o último paso para fichar o que vai ser o seu substituto. Trátase do serbio Dragan Apic (28 anos, 208 centímetros), un xogador cun breve pasado na Liga ACB pois xogou en Burgos na temporada 2019-20 (7 puntos e 2,2 rebotes de media). 

O cadro lucense ficha un interior versátil e con experiencia. Comezou xogando no seu país e tamén pasou polas ligas de Rusia, Montenegro, Polonia e Francia. A temporada pasada militou no Le Mans, equipo co que acreditou uns números de 10,4 puntos e 4,4 rebotes achegando moita fiabilidade na pintura. 

Apic e Sakho son as dúas pezas que ten o equipo de Mrsic no xogo interior, unha posición fundamental que aínda deberá reforzar cun par de xogadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos