Tres voos con destino a Vigo foron desviados e un cancelado por meteoroloxía adversa
Un avión procedente de Madrid foi desviado a Santiago polo vento rexistrado no aeroporto vigués
Outro voo que partiu de Barcelona foi desviado a Madrid
.png)
A primeira hora da mañá deste luns a borrasca Efraín complicaba o tráfico aéreo no aeroporto vigués de Peinador. O primeiro voo procedente de Madrid conseguiu aterrar ás 8 da mañá, pero xa o seguinte avión que viña de Barcelona e que tiña previsto aterrar en Vigo ás oito e vinte e cinco da mañá non puido facelo polas condicións meteorolóxicas e foi desviado a Madrid.
Dez minutos máis tarde tiña que chegar tamén a Peinador outro voo procedente da capital de España. Durante uns 40 minutos estivo sobrevoando o espazo aéreo galego á espera de que mellorase o tempo e poder aterrar, pero finalmente tivo tamén que ser desviado. Na provincia de Pontevedra permanece activo nesta xornada o aviso amarelo por choiva e vento e tamén por ondas no mar.
O voo procedente de Madrid con destino Vigo das 11:45 horas foi desviado a Santiago de Compostela e a chegada de Madrid das 13:00 horas foi cancelada.