Rouban na mesma noite nun bar e nunha confeitaría de Boiro
O valor dos estragos causados supera o botín que o ladrón obtivo nos dous establecementos
No bar Touliña xa case non se aprecian os estragos causados polo ladrón que accedeu pola parte traseira forzando unha rella e unha porta de madeira. Para entrar tivo que empurrar un frigorífico, polo que o dono sospeita que o ladrón non actuou só.
Non puido acceder á caixa, así que optou por levar mercadoría: polbo, ameixas, zamburiñas, hamburguesas e luras. Todo avaliado nuns 300 euros. As cámaras de seguridade gravárono: levaba un suadoiro amarelo con capucha.
Sospeitan que o mesmo individuo foi o que despois entrou na Confeitaría Fátima, situada ao carón do Concello. Neste establecemento o ladrón logrou acceder forzado esta fiestra na fachada principal. Levou uns cen euros en efectivo da caixa e produtos como cacao, café, atún e mesmo unha torta.
Os afectados sinalan a escasa vixilancia nocturna como probable causa da repunta da delincuencia na zona.
Nos dous establecementos os danos causados polo ladrón para entrar superan o valor do botín que levou.