Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous roubos na mesma noite en Santiago de Compostela

Dous roubos na mesma noite en Santiago de Compostela

Dos dous establecementos levaron a caixa rexistradora, pero nun deles foron interceptados pola policía cando intentaban fuxir

Actuaron de madrugada nun restaurante e nunha tenda de cosméticos

G24.gal 10/04/2024 14:53

Actuaron de madrugada, no primeiro dos locais asaltados entraron por esta ventá. Fixéronse coa caixa rexistradora e, presuntamente, guindárona de novo á rúa, onde agardaba outra persoa. A alarma alertou a policía, que frustrou o roubo cando intentaban fuxir con ela. Trátase dun restaurante moi coñecido no corazón da zona histórica, nun lugar de moito trasfega e moitos comercios, que reciben a nova con certa preocupación. 

Javier Olmo, secretario técnico da Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, di que "ás dificultades que teñen os comerciantes para sacara adiante os seus negocios súmanse este tipo de preocupacións que non deberían existir".

José Luis Cepeda é o dono dun establecemento histórico da parte vella de Compostela. Non é alleo ao que acontece no corazón da cidade. Di que "hai preocupación porque canto menos  iluminada estea a cidade, máis perigo hai".

O da praza da Quintana non foi o único roubo da noite. Na zona nova os cacos entraron noutro local comercial. Estragaron a porta, pendente de selar e levaron a caixa rexistradora con, segundo parece, un moi escaso botín. Aquí a preocupación volve aflorar.

María Piñeiro, xerente de Naf Naf Santiago, di que "non ten que ser de noite para que haxa roubos, que pode pasar en calquera momento do día". Conscientes de que, efectivamente, ninguén está libre deste tipo de actos, as demandas son claras. Piden máis presenza policial, máis iluminación e que haxa máis cámaras de vixilancia. 

Desde a Asociación de Comerciantes de Compostela Monumental din que aínda non se puxeron en contacto co Concello por estes últimos roubos, pero que axiña lles trasladarán a súa intranquilidade por esta situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade