Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous partidos a Cheikh Sarr pola súa expulsión en Sestao

Dous partidos a Cheikh Sarr pola súa expulsión en Sestao

Ademais dos dous partidos, o xogador terá que aboar unha multa accesoria de 600 euros

O xuíz tamén sancionou o Sestao a disputar a porta pechada os dous próximos partidos que xogue como local

G24.gal 03/04/2024 17:08 Última actualización 03/04/2024 17:16

O Xuíz Disciplinario Único da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) impuxo dous partidos de sanción ao porteiro senegalés do Raio Majadahonda Cheikh Sarr pola súa expulsión no partido ante o Sestao da última xornada de Liga en Primeira Federación.

Sarr foi expulsado o pasado sábado por saltar o valo e encararse cun afeccionado do Sestao situado detrás da súa portería que proferían insultos racistas contra el. O seu equipo, o Raio Majadahonda, decidiu por este motivo abandonar o terreo de xogo no minuto 84 e foi suspendido o partido disputado nas Llanas.

Ademais dos dous partidos, o xogador terá que abonar unha multa accesoria de 600 euros e o seu club de 90 €, en aplicación do artigo 129 do Código Disciplinario da RFEF.

O xuíz tamén sancionou ao Sestao a disputar a porta pechada os dous próximos partidos que xogue como local e a pagar unha multa de 6.001 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar