Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous minutos de inspiración chéganlle ao Barça para sentenciar o Obradoiro

Dous minutos de inspiración chéganlle ao Barça para sentenciar o Obradoiro

Un parcial de 13-2 no último cuarto co partido empatado a 59 acabou coa resistencia galega

G24.gal 06/02/2022 14:57

Pode que o Barcelona non estivera facendo o mellor partido. Pode que o Obradoiro realizase unha das mellores defensas da temporada. Así se chegou ata o minuto 34, con empate a 59. Pero un parcial de 13-2 en dous minutos chegáronlle ao equipo de Jasikevicius para rachar o partido (72-61) e levar o triunfo.

A igualdade ata ese intre era total. 19-19 no primeiro cuarto. No segundo o Barcelona acadou unha vantaxe de sete puntos (34-27) á que respostou o Obradoiro cun parcial de 3-7 (37-34 ao descanso). 

No terceiro cuarto volveu a meter distancias o equipo catalán (48-38) e outra vez os de Moncho Fernández conseguiron entrar no encontro (55-50). Cando tiñan a situación emparellada veu ese intre de inspiración local e un partido parello acabou cunha ampla diferenza a prol do Barcelona.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade