Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous hospitalizados por picada de carabela portuguesa en Xove e Porto do Son

Dous hospitalizados por picada de carabela portuguesa en Xove e Porto do Son

Unha nena e un home requiriron asistencia sanitaria polo seu veleno urticante

É fundamental non tocalas e respectar a prohibición de baño cando chegan ás praias

 

 

G24.gal 20/08/2025 14:47

Poden confundirse con medusas, pero son carabelas portuguesas e cada vez é máis frecuente que cheguen ás praias galegas. Se as ven, saian da auga e non as toquen. A súa picada é moi dolorosa, urticante e potencialmente perigosa, sobre todo en nenos e alérxicos.

"É raro, pero pode chegar a haber síntomas sistémicos, con náuseas, taquicardias, e malestar que poden provocar un shock e precisar atención hospitalaria", explica Manuel Portela, médico de Familia no centro de saúde Concepción Arenal, en Santiago.

Precisamente, nas últimas horas unha nena de sete anos acabou no hospital despois de ser alcanzada por unha carabela na praia das Furnas, en Porto do Son. O mesmo lle sucedeu a un turista na praia de Esteiro, en Xove. O home ignorou a bandeira vermella que prohibe o baño cando se detectan estes organismos nos areais.

"Temos que estar moi pendentes porque moitas veces, sobre todo os turistas, non respectan a bandeira vermella", comenta Anton Dopico, coordinador de Socorrismo de Valdoviño.

O principal perigo das carabelas é que poden picarnos sen que as vexamos, axudadas por uns tentáculos que poden chegar a medir 30 metros. Se iso sucede, o primeiro é saír da auga a retirar os restos.

"Non se poden fregar, porque se os fregamos os nematocistes dos tentáculos rompen máis e introducen máis veleno na pel. Os restos hai que quitalos con luvas e algún tipo de pinza", engade o doutor Portela.

Despois recoméndase limpar a lesión con auga salgada, nunca auga doce nin vinagre, e aliviar a zona con calor. Por último, recorden non tocalas aínda que estean mortas, xa que seu veleno pode persistir ata 24 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade