Publicador de contidos

Publicador de contidos

No incendio do restaurante de Madrid morreron un camareiro e unha clienta

No incendio do restaurante de Madrid morreron un camareiro e unha clienta

Oito persoas seguen ingresadas en unidades de grandes queimados ou na UCI

Varias testemuñas apuntan ao flamexado dun prato como orixe do lume

G24.gal 22/04/2023 08:29 Última actualización 22/04/2023 21:37

Os equipos que interviñeron no rescate e na atención das vítimas subliñan que de tardaren uns minutos máis en actuar sería difícil que houbese superviventes.

"Houbo persoas que quedaron atrapadas xusto na porta do local. Outros tiveron a oportunidade de ir á cociña, anicarse e esperar pero as condicións eran lamentables para todos", conta Carlos Marín, xefe de garda dos Bombeiros.

Oito dos doce feridos seguen ingresados. Están na UCI ou en unidades de grandes queimados. 

"Na maioría mestúrase a inhalación de fume con queimaduras", explica Montserrat Marcos, supervisora de garda de Samur-Protección Civil.

Sábese xa que os dous mortos son un traballador do local, de 35 anos, e unha clienta, de 42. As testemuñas presenciais insisten en que o lume comezou cando as lapas dun prato flamexado tocaron o teito, decorado con plantas de plástico.

"Como se pode dar licenza a un local onde a decoración interior é un saco de lume?", pregúntase o veciño da vivenda que hai enriba do restaurante.

"Todos os derivados de poliamidas e as mesmas paredes xeran gases de cianuro", subliña Ervigio Corral, directivo de garda do Samur-Social. 

Mentres a Policía científica investiga o ocorrido, o Concello está a revisar se o local cumpría coa normativa.

"Estamos traballando desde o punto de vista urbanístico e da licenza para determinar se o local cumpría coas prescricións que se conteñen na mesma", asegura José Luis Martínez Almeida, alcalde de Madrid.

O restaurante está situado no número 16 da praza de Manuel Becerra, no barrio de Salamanca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade