Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez reclama calma entre os socialistas e Feijóo di que o PSOE é un "partido dexenerado"

Sánchez reclama calma entre os socialistas e Feijóo di que o PSOE é un "partido dexenerado"

Pedro Sánchez opta pola estratexia de resistir ata que mellore o panorama, segundo distintas fontes informativas

Núñez Feijóo sostén que a corrupción e o machismo son "estruturais" no partido socialista

A ministra de Defensa pide tolerancia cero co machismo e coa corrupción

G24.gal 13/12/2025 14:01 Última actualización 13/12/2025 20:33

A estratexia de Pedro Sánchez pasa por "aguantar ata que escampe" esta converxencia de casos de corrupción e de presunto acoso sexual. Niso coinciden hoxe distintos medios, desde El País a ABC. O PSOE vive un momento crítico e a receita pasaría por chegar á pausa do Nadal e confiar nun reseteo da situación.

Unha das últimas investigacións da UCO céntrase en Correos, empresa publica dirixida polo ex-xefe de Gabinete de Sánchez, Juan Manuel Serrano, que empregou a Leire Díez cun cargo directivo. O foco estaría en dous contratos, un asinado coa matriz de Air Europa e outro cunha empresa da trama Koldo. De todas formas, Serrano non está investigado formalmente.

Neste contexto, os socios de Goberno de Sumar pregúntase que propón o PSOE despois de negarse a unha remodelación profunda do executivo.

"Creo que esa negativa significa que non se está calibrando a gravidade do que está ocorrendo nestas últimas horas en España e a indignación que corre polas rúas polos casos de corrupción e polos casos de presunto acoso sexual", declaraba esta mañá o voceiro de Sumar, Ernest Urtasun.

O líder do PP, desde a campaña electoral estremeña, asegurou que o PSOE é un "partido dexenerado" arredor de Sánchez.

"Non, non son tres golfos, non son catro, non son dez, non son vinte, eran todos os seus colaboradores. Ascenderon todos en Ferraz e en Moncloa e chegaron a vicepresidencias, a ministerios, a organismos clave do Estado. A corrupción e o machismo son estruturais neste partido socialista e neste Goberno. Estruturais".

Insistiu Feijóo en que o PSOE buscou a impunidade cos ataques a xuíces, á UCO, á oposición e aos medios de comunicación que contaban a verdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade