Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ve unha posible invasión de competencias da Xunta na Lei do Deporte

O Goberno ve unha posible invasión de competencias da Xunta na Lei do Deporte

Nesa lei incluíuse a posibilidade de que a Xunta comparecese, de acordo coa vítima, nos procesos xudiciais que derivasen de actos de violencia no deporte; de modo similar ao que o Goberno galego leva facendo desde 2013 en casos de violencia de xénero

A Xunta ve "asombroso" que o Goberno vexa unha posible invasión de competencias nesta cuestión cando a Xunta xa leva facendo algo similar noutros ámbitos desde fai máis dunha década e non houbo o maior problema

G24.gal 03/03/2026 12:19 Última actualización 03/03/2026 12:35

O Goberno comunicou á Xunta que proximamente a convocará a unha reunión da comisión bilateral para analizar unha posible vulneración de competencias estatais na Lei do Deporte de Galicia aprobada a finais de 2025.

Nesa lei incluíuse a posibilidade de que a Xunta comparecese, de acordo coa vítima, nos procesos xudiciais que derivasen de actos de violencia no deporte; de modo similar ao que o Goberno galego leva facendo desde 2013 en casos de violencia de xénero.

Por este mesmo motivo o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, considerou que é "asombroso" que o Goberno vexa unha posible invasión de competencias nesta cuestión cando a Xunta xa leva facendo algo similar noutros ámbitos desde fai máis dunha década e non houbo o maior problema.

Segundo Calvo, a Xunta acudirá á reunión, que aínda está pendente de ser convocada previa publicación no DOG e no BOE, co "maior ánimo de acordo" para explicar as súas razóns.

Galicia, "obxectivo político" de Pedro Sánchez

"Parece que tras recorrer a lei do Litoral, de presentar recursos ante o Tribunal Constitucional contra aspectos da normativa autonómica de dependencia e dos eólicos que Galicia converteuse nun obxectivo político para Pedro Sánchez, que tenta por todos os medios que o desenvolvemento das nosas competencias e normativas non sexa así", sinalou Calvo en declaracións aos medios na sede administrativa da Xunta.

O conselleiro lembrou que en casos de violencia no deporte iníciase un expediente administrativo e cando o tema leva os xulgados paralízase a vía administrativa ata que haxa unha resolución xudicial.

E ese é o motivo, ademais de que a Xunta xa o facía no ámbito da violencia de xénero, de que o Goberno galego incluíse esta posibilidade na lei do Deporte aprobada en decembro pasado.

"Se fose (unicamente) neste caso, cunha explicación, dado que xa que o facemos noutro ámbito, estaría claro. Pero como vimos de varios recursos ante o TC pois todo parece indicar que se trata dunha estratexia de Pedro Sánchez. Non creo que a ningunha comunidade autónoma recórralle tanta normativa como a Galicia nos últimos dous anos", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade