Cargando resultados...
Dous feridos nun bus da Coruña que deu unha freada para evitar chocar contra un coche
O accidente aconteceu na rúa Doutor Enrique Hervada, preto da fonte de Catro Camiños

G24.gal
16/05/2024 19:46
Dúas persoas quedaron feridas nun autobús urbano da Coruña que pegou unha forte freada para evitar chocar contra outro vehículo. Sucedeu cando faltaban poucos minutos para as 18:30 horas.
Así o comunicaban os servizos sanitarios que interviñeron neste accidente ocorrido na rúa Doutor Enrique Hervada, preto da fonte de Catro Camiños.
O autobús conseguiu evitar o impacto co turismo e unha maior gravidade da situación, pero coa forza da freada ficaron feridos. Ademais do persoal do 061, desprazáronse ata o lugar efectivos da Policía Local da Coruña.