Dous feridos leves ao caerlles o valado do campo de fútbol dos Salesianos en Ourense
A policía investiga as causas do suceso

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste luns en Ourense ao caer unha porta corredera do campo de fútbol do colexio de Salesianos.
Fontes do 112 consultadas por Europa Press indicaron que sobre as 17,30 horas varios particulares deron o aviso.
En concreto, alertaban de que caeu "unha porta ou un valo do campo de fútbol" deste centro e que había dous feridos, un dos cales recibira un golpe na cabeza e "sangraba", aínda que ambos estaban conscientes.
Varios medios publican imaxes e concretan que a dirección do centro aclarou posteriormente que se caeu unha porta corredeira do campo de fútbol.
Ata o lugar dos feitos mobilizáronse profesionais sanitarios do 061, ambulancias e efectivos da Policía Local.
A policía investiga as causas do suceso.