Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ferido grave ao chocar un camión do leite contra unha casa en Mesía

Un ferido grave ao chocar un camión do leite contra unha casa en Mesía

O condutor do vehículo quedou atrapado e tardaron máis dunha hora en liberalo

Na vivenda reside unha muller de 80 anos, que quedou ilesa

G24.gal 07/04/2023 15:59 Última actualización 07/04/2023 20:52

O accidente produciuse contra as tres da tarde. Por causas que aínda se están investigando, o condutor do camión cisterna, que ía sen carga, perdeu o control do vehículo nunha baixada da Nacional 634, no lugar de Cumbraos, en Mesía. Saíu da estrada e arrastrouse uns 50 metros freando ata bater cun poste da luz e acabar esnafrado contra unha casa.

Os servizos de emerxencias tardaron case dúas horas en rescatalo. Quedou atrapado na cabina do camión. Sacárono consciente pero ferido e trasladárono en helicóptero medicalizado ao hospital. 

A dona da casa, unha muller de 80 anos que vive soa, chamou nerviosa aos seus familiares alertando do accidente. Saíu ilesa porque estaba noutra estancia da vivenda. Xusto onde se esnafrou o camión tiña un cuarto e un baño.

A estrada estivo cortada durante varias horas, entre outras cousas porque o accidente danou o tendido eléctrico e facía perigosa a circulación. Houbo retencións, pero o tráfico mantívose por unha vía de servizo. 

Tamén resultou complicado retirar o camión, que levaba dúas cisternas. Houbo que utilizar un guindastre de gran potencia, e aínda así non foi doado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade