Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta renova o acordo coa Fundación Andrea para apoiar nenos con enfermidades graves

A Xunta renova o acordo coa Fundación Andrea para apoiar nenos con enfermidades graves

O convenio mantense desde 2014 e inclúe axudas para familias con poucos recursos

O Goberno galego achega 20.000 euros para servizos terapéuticos e vivendas de acollida

Imaxe de arquivo dunha gala da Fundación Andrea Imaxe de arquivo dunha gala da Fundación Andrea
G24.gal 04/07/2025 16:21

A Xunta renovou o seu apoio ao programa Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos, unha iniciativa da Fundación Andrea que conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade desde 2014.

A conselleira Fabiola García anunciou a renovación durante unha visita á aula Andrea do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde se ofrece atención educativa a menores hospitalizados con enfermidades graves. Estivo acompañada pola presidenta da Fundación, Charo Barca, e tamén visitou o parque infantil instalado nunha terraza da área de Pediatría.

Durante o acto García destacou a traxectoria de case vinte anos da Fundación Andrea no apoio a nenos e nenas con doenzas crónicas ou terminais e ás súas familias.

Con esta colaboración, a Xunta achega 20.000 euros destinados a cubrir os custos de persoal dos servizos que ofrece a entidade, como fisioterapia, musicoterapia, logopedia e apoio psicoterapéutico. Tamén se financia o alugueiro de vivendas que a Fundación pon a disposición das familias de menores hospitalizados durante longos períodos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos