Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous dobres graos en Matemáticas volven ser os que máis nota piden para entrar nas universidades galegas

Dous dobres graos en Matemáticas volven ser os que máis nota piden para entrar nas universidades galegas

G24.gal 14/07/2022 16:08

Os estudantes xa saben se van poder estudar a carreira que desexaban. O 40 % das titulacións galegas están pechadas, é dicir, xa teñen unha listaxe cos nomes e apelidos dos alumnos que as van cursar o próximo curso.

Medicina supera por primeira vez os 13 puntos de nota de corte, pero non é a que pide máis nota, pero non é a titulación que esixe unha nota máis alta: os dobres graos de Matemáticas e Físicas, cun 13,645, e Matemáticas e Enxeñería Informática, cun 13,520, son os dous que piden máis nota. 

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) publicou este xoves o primeiro chamamento á matrícula nas titulacións de graos na Comunidade. Así, como principal novidade na convocatoria deste ano, un total de 73 titulacións xa pecharon a admisión, unha medida que a CiUG defende para "axilizar" os procesos de inscrición dos estudantes.  

Nesta primeira chamada, as que pecharon coa nota de corte máis alta, por encima do 13 (sobre 14), foron as habituais: o dobre grao en Matemáticas e Física (13,645), o dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas (13,520) e Medicina (13,050), todas elas pola Universidade de Santiago de Compostela.  

No caso de Medicina, a CiUG destaca que están convocados a matricularse neste primeiro corte un total de 750 aspirantes dos 4.138 que o solicitaron. De todos eles, 947 eran galegos.  

Entre as carreiras xa pechadas con notas de corte altas tamén se sitúan a dobre titulación en Comunicación Audiovisual e Xornalismo na USC (12,942), o dobre grao en Educación Infantil e Primaria na USC (12,692), o grao en Relacións Internacionais (12,500) pola Universidade de Vigo, e Enxeñaría Aeroespacial (12,416), tamén pola UVigo.

De acordo coa listaxe facilitada este xoves pola CiUG, neste primeiro chamamento xa hai 73 graos que pecharon o proceso de matrícula.

Así as cousas, os aspirantes que foron chamados na primeira convocatoria poderán matricularse a través da plataforma 'NERTA' a partir deste venres 15 de xullo ás 00:01 horas e até o luns 18 ás 23:59.  

A CiUG lembra que "unicamente se poderán matricular aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación", para o que teñen que ter en conta a listaxe de notas de corte publicado este xoves.  

Se a persona solicitante aparece convocada nunha titulación que non é a súa primeira preferencia, poderá esperar a matricularse en próximas chamadas (haberá até seis), pero debe ter en conta que xa hai 73 carreiras pechadas e que esta listaxe podería medrar.  

Iso si, se o aspirante decide matricularse nunha titulación de inferior preferencia, xa non poderá continuar no proceso de ingreso naquelas que situou por encima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade