Cargando resultados...
Dous detidos en Lugo por instalar unha cámara nun cuarto que alugaban a turistas
Alertados polo pestanexo dunha luz no cuarto, os inquilinos atoparon unha cámara oculta tras un cadro eléctrico

G24.gal
19/08/2022 14:07
Detida en Lugo unha parella por gravar os inquilinos dun piso de alugueiro turístico na cidade.
Os usuarios, alertados polo pestanexo dunha luz no cuarto, atoparon unha cámara oculta tras un cadro eléctrico.
Denunciaron os feitos ante a Policía Nacional, que detiveron un home de 45 anos e unha muller de 24 como presuntos autores dun delito contra a intimidade.
A parella detida é arrendataria do piso e alugaba cuartos para uso turístico.
De momento non consta que as imaxes gravadas fosen utilizadas ou difundidas por ningún medio.