Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan sete bañistas na praia de Razo arrastrados polo mar

Rescatan sete bañistas na praia de Razo arrastrados polo mar

"Dous deles pasárono especialmente mal", din desde o servizo de socorristas, e un tivo que ser evacuado en helicóptero e outro en ambulancia

Cinco persoas máis precisaron axuda para saír da auga

G24.gal 13/07/2023 21:38 Última actualización 14/07/2023 15:23

Os socorristas da praia de Razo viviron momentos de moito apuro na tarde deste xoves. Foron dous incidentes, case á mesma hora, os que provocaron a intervención dos servizos de emerxencias na praia de Razo, en que esta mañá se realizaban probas para cubrir novas prazas de socorrista.

Segundo o 112, recibiron a chamada dun particular que alertaba de que unha persoa pedía axuda cara a Baldaio. Momentos despois alertaban de que había outro home pedindo auxilio entre Baldaio e Razo.

Conseguiron sacar os dous da auga, pero un deles en estado grave. Mobilizaron o helicóptero medicalizado para evacualo; o outro foi trasladado ao hospital en ambulancia.

As mareas baixas, unidas á resaca que hai no areal dificultaron a saída do mar de ata sete persoas, ás que tiveron que auxiliar ao longo de todo o día.

"A resaca da praia levou aos sete bañistas mar a dentro. Dous deles pasárono especialmente mal, un estaba inconsciente cando o rescataron e houbo que evacualo en ambulancia. O outro levárono ao hospital en helicóptero", di Xabier Souto, o coordinador de emerxencia de Carballo.

Este home estábase bañando nunha zona dunar a case 1 km dos socorristas, na que non se recomenda o baño. "A xente é moi atrevida e non fai caso do que lles din os socorristas"

A praia é grande abondo pra non meterse no mar nos dous quilómetros onde non recomendan o baño pero que valen ben para pasear e para que aniñe a píllara das dunas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade