Dotson pasa o recoñecemento médico pero aínda non traballou cos seus compañeiros
Dotson tivo unha longa conversa con Moncho Fernández e Fernando Zurbriggen
O último xogador en incorporarse ás filas obradoiristas, Devon Dotson, que chegou a Santiago de Compostela ao longo da xornada de onte, xa pasou o recoñecemento médico.
Así, os servicios médicos do club, coordinados polo doutor Jesús Marque, realizaron una analítica completa, así como probas cardiolóxicas e de esforzo no Hospital da Rosaleda ao novo compoñente do Monbus Obradoiro.
Dotson visitou, despois, as instalacións do Multiusos Fontes do Sar para coñecer persoalmente aos seus novos compañeiros, así como ao corpo técnico, e sumarase aos adestramentos grupais de cara á preparación do derbi galego que se disputará na Caldeira, o vindeiro sábado ás 20:45 horas.
Dotson tivo unha longa conversa con Moncho Fernández e Fernando Zurbriggen. Despois seguiu o traballo dos seus novos compañeiros.