Cargando resultados...
Dobre movemento no Deportivo coa fichaxe de Arturo e a marcha de Narro
O club elixe reforzar a posición de dianteiro centro coa fichaxe do capitán do Sanse, que está a piques de cumprir os 34 anos

G24.gal
31/01/2023 21:57
O Deportivo moveuse nos últimos minutos do mercado de fichaxes. Ante os poucos minutos que estaba tendo, Víctor Narro abandona a entidade. O interior esquerdo vaise con destino ao Atlético Baleares, tamén da Primeira Federación, pero do Grupo II.
Esa ficha liberada fixo que a dirección deportiva apostase por traer un xogador dunhas características totalmente opostas. Trátase de Arturo Rodríguez, dianteiro e capitán do San Sebastián de los Reyes. Un xogador que xogou contra o equipo branco e azul nas dúas últimas temporadas e gustou nos despachos. Apostan por traelo malia que en breve cumprirá os 34 anos.