Do sofá ao saleiro: venden todo o que hai nos pisos
En Galicia, xa hai dúas empresas epecializadas en vender todo o que hai no interior dos pisos para baleiralos
Valoran e colocan todos os enseres coma nun mercadiño na propia vivenda
Os herdeiros dun piso en Pontevedra decidiron poñelo á venda, e con el todo o que hai no seu interior. Para facer o traballo de baleiralo contaron cunha empresa especializada. Neste caso véndeno todo, dende aparador por 75 euros ao sofá por 70.
Mercedes Arbolí, responsable de Circular Home, explica que o que mellor se vende "son as cousas con valor estético como unha cristalería bonita. o máis caro que tivemos foi unha lámpada de cristal de roca de 3.000 euros que lle vendemos ao propietario dun pazo"
O máis habitual: vender mobles, enxoval e mesmo roupa e arte. Xeralmente todo o que se vai xuntando nunha vivenda, aínda que hai espazo para as sorpresas
"Unha vez vendemos unha cadeira de xinecólogo de caoba do século XIX. Era dun coleccionista, que a empregaba nunha terraza de tumabona. E vendeuse", lembra Arbolí.
Durante unhas tres xornadas abren as portas da vivenda para os compradores. Un modelo de negocio en auxe en Galicia.