Cargando resultados...
División nos socialistas de Ourense para elixir o novo secretario local
Preséntase Natalia González, afín a Formoso, e denuncia ademais 95 altas de militantes fóra de prazo
Competirá contra Xosé Rúas, que conta co visto e prace do sector de Caballero
G24.gal
10/03/2022 17:11
División nos socialistas de Ourense para elixir o novo secretario local. Natalia González, afín a Formoso, da o paso e acaba de confirmar este xoves que competirá contra Xosé Rúas que conta co visto e prace do sector de Caballero.
Fíxoo a través dunha carta que remitiu á militancia. A votación será o sábado, e está condicionada polas acusacións de amaño do sector que apoia ao candidato de Caballero.
Presentaron un recurso ante o Comité de Garantías denunciando a alta como militantes de 95 persoas fóra de prazo.