Dividir gastos sen dividir amizades
Unha de cada tres persoas recoñece que tivo conflitos cos seus amigos por cuestións de diñeiro
Ir de viaxe, compartir piso, organizar festas..., todo soa xenial, ata que toca botar contas. Unha boa amizade debería resistilo todo, ata unha conta mal dividida, pero a realidade é outra.
Nun estudo internacional, un terzo dos enquisados recoñeceu que tivo algún conflito cos amigos por cartos. E aínda máis, unha de cada cinco admite gastar máis do previsto por presión do grupo. A boa nova é que a maioría cre que as posibles discusións se poden evitar cun pouco de organización.
Por iso hai quen leva a conta no móbil e quen xa se pasou ás aplicacións. A tecnoloxía pode axudar, pero non hai que esquecer o máis importante: que a amizade sexa honesta.