Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispárase a venda de cabalo de monte galego, que duplica o seu prezo

Dispárase a venda de cabalo de monte galego, que duplica o seu prezo

Un poldro de setenta quilos pasou de custar 60 euros a 200

O Levante e o centro de Europa son os principais novos mercados

G24.gal 18/05/2022 20:03

Arredor de 10.000 cabalos pacen libres nos montes galegos, a metade dos que había hai 30 anos. Porén, a demanda destes animais disparouse nos últimos tempos tanto para seren sacrificados como para servir de montura.

O Levante peninsular e os países do centro de Europa adquiren cada vez máis exemplares. Os motivos son a baixada de produción nesas zonas e a calidade do cabalo galego. A este paso, en poucas semanas, a demanda superará a oferta.

O aumento da demanda reflíctese tamén no prezo dos animais. Se un poldro de setenta quilos custaba 60 euros hai dous anos, agora estanse a vender por riba dos 200. No caso dos animais que se destinan a sementais ou femias parideiras ou mesmo para servir de montura, poden chegar ata a 2.000 euros. A mestura do cabalo de monte galego con outras razas crea uns animais moi resistentes e de altísima calidade.

O gran problema para os criadores segue a ser o ataque dos lobos. Un estudo da Universidade da Coruña afirma que o 80 % dos poldros que nacen no monte son devorados polo lobo nos primeiros días de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos