Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispárase a demanda de vivendas turísticas para o verán

Dispárase a demanda de vivendas turísticas para o verán

En toda a ría de Vigo, para agosto xa é difícil atopar unha casa libre
 

 

Casas e apartamentos en Nigrán, na Ría de Vigo
G24.gal 31/03/2022 14:49

"Hai moitísima máis demanda que oferta, aquí poderiamos ter tranquilamente un 50 ou un 60 % máis de oferta, que seguro que se cubriría", conta Alexander Blanco, responsable dunha inmobiliaria en Nigrán.

O mercado de alugueiro para o verán está que ferve. Para agosto xa non queda moito.

 "Non moito, non moito. O mellor vaise reservando, claro", apunta Violeta Núñez, administradora dunha inmobiliaria en Cangas.

"Curiosamente este ano adiantouse moito a reserva, estanse adiantando moitísimo con respecto a estes dous anos anteriores", manifesta Alenxandre.

A xente busca, sobre todo, casas.

"Casas que teñan piscina e xardín é o que máis demandan e logo tamén algún apartamento que estea moi preto da praia", fala Violeta.

"Buscan espazos abertos, tranquilidade e desfrutar do tempo que teñen, por iso o de alugar un mes enteiro, sabes, antes eran 15 días, agora xa non é un tema económico, senón é gozar do que tes de vacacións", informa Alexandre.

E se falamos de prezos?

 "O mes de agosto para alugar unha casa entre 6.000 e 7.000 euros e si estamos falando dun piso, entre 2.500", explica Alexandre Blanco.

Á outra beira da ría os alugueiros son máis accesibles, pero no que si coinciden é en que este ano os que moven o mercado seguen a ser os turistas nacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade