Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispárase a demanda de pellets, pero o abastecemento está garantido

Dispárase a demanda de pellets, pero o abastecemento está garantido

Os fabricantes piden racionalidade nas compras para evitar crear unha burbulla de mercado

Pellets, briquetas e leña terán unha rebaixa do IVE do 21 ao 5 % desde mañá

 

G24.gal 30/09/2022 14:54

Xa era un sector en alza pola pandemia, pero a suba do gas e o gasóleo acabou de empurrar a venda de caldeiras e pellets de biomasa. Subiu a demanda, o prezo e tamén a produción nas fábricas, que traballan a tempo completo ás portas do inverno. 

"A demanda subiu un 40 %, pero a subministración está garantida porque estamos traballando a pleno rendemento nas fábricas galegas, ao 100 %", explica Francisco Álvarez, o presidente do Clúster da Biomasa de Galicia

Aseguran que haberá pellets para todos. Pero piden que as compras se fagan de xeito racional, mercando só o que se precisa, para evitar tensións na cadea de produción e repartimento.

"O que non poden facer as fábricas é producir todo en dous meses. Hai que ir facendo os pedidos coma cada ano, segundo se vaia precisando. Se todos piden á vez se produce a crise e a falta de produto", di Juan Garrido, xerente de Lignus-Pellets de Galicia, desde Caldas de Reis.

Quérese evitar unha burbulla que faga subir aínda máis os prezos, porque os pellets tampouco escaparon á inflación, xa que producilos é agora máis caro.

"Subiu a materia prima e o custo de electricidade nunha planta de biomasa multiplicouse por catro en 12 meses", engade o presidente do Clúster da biomasa.

Para aliviar esta suba, o IVE dos pellets, briquetas e leña pasará do 21 ao 5 % desde mañá ata finais de ano. Unha rebaixa na factura tamén para os que apostan por unha combustible verde e de produción local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade