Publicador de contidos

Publicador de contidos

Directivos da hostalaría arxentina elixen Galicia para completar a súa formación

Directivos da hostalaría arxentina elixen Galicia para completar a súa formación

Estanse formando estes días no Centro Superior de Hostalería de Galicia e buscan mellorar as súas capacidades de xestión

Curso de Dirección e Xestión de Hoteis para unha delegación de empresarios arxentinos
G24.gal 08/05/2023 14:42 Última actualización 08/05/2023 14:51

Son unha delegación de 55 directores de hoteis de toda A Arxentina. Chegaron o día 3 e ata o 10 de maio estarán realizando un curso de dirección e xestión hoteleira. É a terceira vez que a Federación de Empresarios elixe Galicia para mellorar a formación dos seus asociados. Apostan pola profesionalidade e o nivel académico das Escola Superior de Hostalería.

 "As condicións da universidade, os mestres, a formación, realmente excelente", apunta Claudio Aguilar, vicepresidente de Fehgra

Buscan as últimas tendencias do sector e mellorar as súas capacidades de xestión para poder implementalas nos seus establecementos. Son conscientes da importancia económica que ten o sector do turismo.

"Sabemos que a hostalería e a gastronomía é unha saída moi clara de traballo, xeradora de traballo e sobre todas as cousas é un complemento tamén á paisaxe", explica José Luis Requia, secretario de Fehgra

Durante estes días, ademais de asistir ás aulas, tamén están a realizar visitas turísticas por Galicia.

"De todo se aprende, a parte teórica é moi importante, pero tamén a práctica", continúa Claudio

Hoxe recibiron a visita da directora de Turismo de Galicia.

 "Fixemos unha escolla de sitios do mellor que temos en Galicia, pero para saber e transmitir que en Galicia sabemos facelo ben, que contamos con grandes profesionais e que temos este destino que segue a ser punteiro en materia de turismo", indica Nava Castro, directora de Turismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade