Dimunúe a afluencia aos puntos para facer tests de balde e algúns deixan de funcionar
Deixarán de funcionar os puntos de tests que estaban nos tres aeroportos galegos
A falta de actividade leva a que se inicie o peche progresivo dos puntos de cribado poboacionais que hai en todas as áreas sanitarias.
Algúns, como o da Casa do Mar da Coruña, foran abertos despois do Nadal, pola elevada demanda de probas. Pero agora a situación está máis relaxada. De feito, o da Casa do Mar da Coruña xa non está funcionando.
Deixarán de funcionar tamén os puntos de tests que estaban nos tres aeroportos galegos. En Vigo tampouco estará operativo o da estación de Guixar. En Santiago pecha o da Intermodal. En Pontevedra deixan de funcionar os puntos de tests de Caldas e Sanxenxo. Para saber os que están abertos e os que precisan cita ou non pode verse na web coronavirus.sergas.gal/cribado