Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dimiten dous membros do Goberno británico antes das vindeiras eleccións xerais

Dimiten dous membros do Goberno británico antes das vindeiras eleccións xerais

Estas dúas renuncias súmanse a outra sesentena de deputados da formación gobernante que non concorrerán nos próximos comicios

Esta desbandada prodúcese nun momento en que o Partido Conservador cae nas enquisas

Segundo unha media das sondaxes dos últimos dez días, os laboristas gañarían cun 43,9 % do voto

O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, nunha vistita a Cumbria. Danny Lawson/Pool via REUTERS O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, nunha vistita a Cumbria. Danny Lawson/Pool via REUTERS
G24.gal 26/03/2024 20:09 Última actualización 26/03/2024 20:24

Dous membros do Goberno conservador do primeiro ministro británico, Rishi Sunak, dimitiron este martes dos seus cargos como paso previo a deixar tamén os seus escanos parlamentarios nas eleccións xerais previstas na segunda metade do ano.

Trátase do secretario de Estado de educación superior, Robert Halfon, e do seu homólogo das Forzas Armadas, James Heappey.

Os dous comprometéronse a seguir apoiando ao Executivo ata o fin da lexislatura.

Sunak nomeou pouco despois aos seus substitutos, que son Luke Hall en lugar de Halfon e Leo Docherty no posto de Heappey.

O líder 'tory' tamén designou a Nus Ghani como secretaria de Estado para Europa no ministerio de Exteriores e a Kevin Hollinrake como secretario de Estado na carteira de Empresa.

Aínda que as dimisións non suscitaron controversia, segundo a prensa Heappey estaba descontento polo insuficiente orzamento destinado ao Exército e, supostamente, por que non se lle ofreceu a carteira de Defensa nunha anterior remodelación ministerial.

Estas dúas renuncias súmanse a outra sesentena de deputados da formación gobernante que indicaron que non concorrerán nos próximos comicios.

Esta desbandada nas filas conservadoras prodúcese nun momento en que o Partido Conservador, no poder desde 2010, cae nas enquisas, que dan como favorito a gobernar o Reino Unido ao Partido Laborista de Keir Starmer.

Segundo unha media das sondaxes do últimos dez días, os laboristas gañarían cun 43,9% do voto, fronte a un 23,6 % dos tories, un 12,1 % de Reform (antigo Partido do Brexit, populista e antiinmigración), un 9,8 % dos liberaldemócratas e un 5,9 % dos verdes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade