Diego Epifanio: "Oxalá o que non suba directo poida facelo na Final Four"
O adestrador do Obradoiro tenta manter a calma a horas de xogaren o decisivo partido contra Guipúscoa que pode valer un ascenso á ACB
Diego Epifanio quere festexar o seu cuarto ascenso á ACB. Conseguiuno con Burgos, co Breogán, co Básquet Coruña e agora pode facelo co Obradoiro. Todo un rexistro para un adestrador novo pero moi curtido neste tipo de partidos. A escasas horas de xogar o partido definitivo contra Guipúscoa, Epi atendeu á Televisión de Galicia para falar das súas sensacións.
"Sempre é bo depender de tí mesmo. Temos moita presión, pero hai que saber gozar co ambiente que imos ter nas bancadas".
O técnico burgalés recoñeceu o gran campionato que fixeron o Leyma Coruña e o Monbus Obradoiro e expresou un desexo. Pase o que pase este venres á noite que o equipo que teña que ir á fase de ascenso tamén logre o seu obxectivo e que haxa tres equipos galegos a vindeira temporada na ACB.