Cargando resultados...
Santa Icía: día internacional da patroa dos músicos
Desde o século XV está vencellado a esta santa
G24.gal
22/11/2021 21:48
Este 22 de novembro é o día de santa Icía, a patroa dos músicos, unha data para lembrar porque cun estilo ou con outro a música sempre aparece nas nosas vidas. O difícil é atopar alguén a quen non lle guste.
A música pode voar, e de feito escoitámola saíndo das ventás do Conservatorio Profesional en Santiago de Compostela. Pero a música tamén se pode ler. Desde o século XV está vencellada a santa Icía e ten o poder de facernos viaxar e de teletransportanos.
A música tamén pode unir ou educar, e por suposto pode emocionar. Este día homenaxe celébrase en Santa Icía con tres concertos.